What's up
with Landscape?

Local & Regional

filetto

National

filetto

European Territorial
Co-operation (EU)

filetto
angolino sottomenu

News

The landscape in the Coastal Plan of Galicia

Galicia , Spain, 2009-2010

id:1422


O Plan de Ordenación do Litoral xorde como un instrumento capaz de favorecer unha xestión integral do territorio, un instrumento eficaz para dirixir os usos do solo co obxectivo de avanzar cara a unha sociedade máis xusta e competitiva pero ao mesmo tempo máis comprometida coa sostibilidade e a paisaxe.

 

De acordo coas disposicións do Convenio Europeo da Paisaxe, aprobado en Florencia o 20 de outubro de 2000 a proposta do Consello de Europa, e cuxa entrada en vigor tivo lugar o 1 de marzo de 2004, a Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia recoñece xuridicamente a paisaxe, entendéndoa como elemento esencial para o benestar individual e social, cuxa protección, xestión e planeamento comporta dereitos e obrigas para todos, tal e como así o define o devandito convenio.

 

Esta Lei, pretende servir de marco de referencia para todas as outras lexislacións sectoriais e os seus plans e programas que poidan influír dalgunha maneira na modificación, alteración ou transformación das paisaxes, en especial cando afecten a determinados espazos de alto valor natural e cultural, sen prexuízo do que dispoñan as normas en cada materia, xa sexa ambiental, do patrimonio cultural, urbanística, agrícola, forestal, gandeira, turística ou industrial, ou o resto da lexislación sectorial de aplicación ao territorio. Así tal e como establece o seu artigo 1, esta Lei impulsa a plena integración da paisaxe en todas as políticas sectoriais que incidan no mesmo. Aos efectos previstos na Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia, a Xunta de Galicia promoverá a debida coordinación e cooperación entre aquelas consellerías con competencia en materiaterritorial, ambiental e cultural e os concellos como responsables da aplicación das políticas de planeamento nos seus territorios.

The main references to the principles to the European Landscape Convention can be found in the following sections of the Plan:

Título I. METODOLOXÍA DE ELABORACIÓN DO PLAN DE ORDENACIÓN DO LITORAL (POL)
Capítulo 1. MARCO XURÍDICO PARA A ELABORACIÓN DO PLAN DE ORDENACIÓN DO LITORAL DE GALICIA
5. O Plan de Ordenación do Litoral como Catálogo de Paisaxe

Título III. PAISAXE
Capítulo 1. A PAISAXE
3. Valoración da paisaxe
4. Planificación da paisaxe


For further information and to download all documents on the Coastal Landscape plans of Galicia visit the official website: www.xunta.es/litoral

 

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras da Xunta de Galicia website

 

Read more about Galicia initiatives related to landscape issues here.


  Text of the law on landscape protection ( 7/2008 - Diario Oficial de Galicia) - 64 KB
print Print

logo uniscape angolino sottomenu
logo uniscape logo civilscape angolino sottomenu

Initiatives

angolino sottomenu

Partnerships

angolino sottomenu